venres, 18 de novembro de 2016

1º ANÁLISE: BIOSHOCK THE COLLECTION (PS4,XBOX ONE, PC, PS3, XBOX 360)

 Resultado de imagen de ANALISIS BIOSHOCK THE COLLECTION

O pasado 22 de outubro saliu para as nosas consolas o que posiblemente a mayoría dos aficcionados aos videoxogos estábamos esperando: Bioshock The Collection, unha recopilación de todos os xogos da saga Bioshock desenrolados por Kevin Levine e con todas as expansións, contido adicional e DLC's´totalmente remasterizadas a 1080p. Esta edición componse polos seguintes títulos:

 Resultado de imagen de ANALISIS BIOSHOCK THE COLLECTION


BIOSHOCK 1: este foi o primeiro videoxogo levado a cabo pola compañía de IrrationalGames e 2K games. Conta a historia de Jack Rian, un home que ten un accidente de avión no fondo do océano Pacífico e ao intentar obter axuda, chega a unha cidade submarina na que o caos reina por todas partes. Vas atopar un gran mapeado cheo de niveles, un mundo totalmente distinto ao que estamos acostumados e cunha beieza e orixinalidade dignos de admiración, uns gráficos totalmente mellorados e unha historia incríble. Ademáis contén dúas espansións ou desafíos, comentarios do director que se topan repartidos polos escenarios e unha especie de museo na que se presentan algunas ideas que os creadores tiveron para sacar a saga.
Resultado de imagen de bioshock 2

BIOSHOCK 2: segunda entrega da saga. Nesta ocasión volvemos a cidade submarina de Rapture, pero esta vez como un personaxe diferente, un BigDaddy, que como todos os que xogaron a anterior entrega saberán, é coma unha especie de home de metal que ten unha misión moi importante na cidade, encontrar e rescatar a súa pequena Eleanor, unha rapaciña da que fai anos que non ten noticia. Neste xogo, a acción é algo máis rápida e preséntanse melloras significativas con respecto ao anterior en canto a calidade, duración e diversión. A historia volve ser envolvente e tan interesante que non poderás deixar a pantalla ata rematar a partida. Contén  dous desafíos e máis de 23 horas de xogo.
 Resultado de imagen de bioshock infinite

BIOSHOCK INFINITE: tercera e última entrega da saga e posiblemente, a máis especial e querida polos fans. Nesta ocasión asumimos o papel de Booker DeWitt, un norteamericano que ten como misión atopar a unha xoven e levala consigo para saldar as súas débedas. Pero para logralo terá que ir a Columbia, unha cidade suspendida no ceo, na que un home, coñecido como profeta, goberna as rúas. Non tardarán muito en xurxirlle problemas ao protagonista e a súa acompañante, a rapaza da débeda, Elizabeth. Ao contrario das anteriores entregas, nas que os personaxes apenas se relacionaban, neste título ambos conversan en diversas ocasión e de un modo fluído e moi convincente. Por se fora pouco, a xoven ten unha historia moi conmovedora que ofrecernos, facendo que cada vez a tomemos máis por unha persoa "de carne e óso" e non por unha intelixencia creada por ordenador. A acción vólvese máis trepidante nesta entrega, e según o nivel de dificultade, sobrevivir pode converterse nun auténtico reto. Por sorte contamos coa axuda de Elizabeth, quen ademáis de apañarse soa, axúdanos no combate proporcionándonos saúde, sales para os nosos poderes e munición. A súa presenza será moi importante para a trama, a cal é tan sumamente incríble que deixa a todos coa boca aberta e a pel de galiña.

Resultado de imagen de bioshock panteon marino

Ademáis conta con dous DLC's (PANTEÓN MARIÑO 1 E 2), os cales amplían e dan sentido a historia non só do último xogo, senón da saga en completo.

En conclusión, se o que buscas é unha saga que te enganche, enamore e conmova coa súa historia, esta é a túa. O nivel de detalle e mimo co que fixeron todas as entregas e a calidade dos gráficos, agora mellorados ata chegar a FullHD deixan ao espectador marabillado. A acción e a cantidade de contido adicional que presenta tamén fan que sexa unha elección indispensable para todos os fans de Bioshock. Como nota final, e porque nada é perfecto, outórgolle un 9.

1 comentario:

  1. Moi ben esta entrada! Non son afeccionado aos videoxogos, pero despois de ler os teus comentarios caseque me dan ganas de poñerme a xogar. E por riba en galego!

    ResponderEliminar