O pasado 3 de marzo saíu ao mercado unha nova consola, a Nintendo Switch. É por este motivo polo que hoxe traio unha reportaxe sobre ela.

O primeiro a destacar é a súa forma: unha especie de tablet con un mando similar ao da PlayStation dividido en dous, un tipo de control moi familiar a súa predecesora, a WiiU. Tamén ten unha gran gama de cores que permite personalizala ao noso gusto. Pero o máis salientable é a súa comodidade e versatilidade, facendo que sexa posible xogar en calquera lugar cos seus diferentes modos:
Modo televisor:
O modo televisor é o que máis lembra a unha consola clásica. A Nintendo Switch descansa nunha base e conéctase por HDMI ao televisor. Permite xogar con amigos como calquera outra consola comodamente no salón. Recoméndase xogar poñendo os mandos nunha base incluída na consola. A duración da batería dos mandos Joy-Con é dunhas vinte horas.

Modo sobremesa:
Un dos puntos fortes desta consola é a súa portabilidade. A tableta ten unha pestana que permite apoiala en calquera lugar e facer posible xogar en lugares como nun avión ou nun barco. Os mandos pódense conectar á base como no modo anterior ou utilizalos separados en cada man.

Modo portátil:
Nintendo Switch tamén se pode utilizar como unha portátil, axustando os Joy-Con os lados da tableta e xogando en calquera parte, aínda que cunha duración de batería un tanto escasa. Estímase que a batería alcance ata seis horas, pero en xogos gráficamente esixentes como The Legend of Zelda: Breath of the Wild apenas chegará a tres.

En canto aos xogos, hai varios títulos xa dispoñibles para esta nova videoconsola dende a súa saída, o 3 de marzo. Entre eles caben destacar:
-1-2-Switch:
Este xogo permite disfrutar e familiarizarse con todas as novas características da consola. Está pensado para xogar con amigos a todo tipo de desafíos, como duelos do Oeste, espadas ou baile e ser unha boa estratexia para animar unha festa e socializar.

-The Legend of Zelda: Breath of the Wild:
Unha das entregas máis esperadas, non só polos fans de toda a vida, senón tamén polo gran mundo aberto que ofrece enorme liberdade e os espectaculares gráficos. Sen dúbida, é unha renovación completa de toda a saga e unha oferta para todos os xogadores espectacular.

Ademais destes, hai outros xa confirmados para este 2017, entre os que destaco dous:
-Mario Kart 8 Deluxe (28 de abril):
Trátase dunha versión completa e mellorada do Mario Kart 8 lanzado para Wii U, que incluirá todo o contido descargable lanzado para este e algunhas novidades máis xunto cuns gráficos mellorados.

-RIME (maio):
Unha das razóns polas que destaco este videoxogo é polo feito de que está desarroiado por un estudio español, concretamente, Tequila Works. Trátase dun xogo de mundo aberto con elementos de aventura e quebracabezas que nos conta a historia dun rapaz que ten que fuxir dunha illa e a súa maldición.
Por último, dicir que esta videoconsola saíu á venta por 319 euros en España, pero dado a súa calidade, a cantidade de xogos que ofrece e a súa versatilidade a hora de xogar, merece a pena.
Aquí vos deixo un pequeño vídeo que conta resumidamente todo o que ofrece.







.jpg)

