TOP 5 MELLORES VIDEOXOGOS DE 2016:
Fai tan só unhas semanas que rematou o ano, e por iso, hoxe tráiovos un top 5 dos que eu considero os mellores videoxogos do 2016. Por suposto non están incluídas remasterizacións nin adaptacións de unha consola a outra, polo que xogos como Rise of the Tomb Raider (2015 XboxOne, 2016 Ps4,Ps3,PC) non forman parte do top. Sen máis dilación, comencemos.5. Watch Dogs 2 (Ps4, XboxOne, Pc)
Xogo creado por Ubisoft que como o seu nome indica, é unha secuela con grandes diferenzas respecto ao seu predecesor. Nesta entrega asumimos o papel de Marcus Holloway, un hacker que vive en San Francisco e que é contratado por DedSec, un famoso grupo que tenta facer caer un sistema informático que monitoriza e manipula á xente. A cidade presenta un gran realismo e tamaño, cuns gráficos impresionantes. As mecánicas están melloradas, ao igual que a caracterización dos personaxes, pero a conducción segue deixando que desexar.
4. Mirror's Edge Catalyst (Ps4)
Videoxogo creado pola compañía EA DICE , publicado por Electronic Arts e secuela de Mirror's Edge, xogo distribuído en 2008. Narra a historia de Faith Connors, unha moza que acaba de saír dun reformatorio e a súa loita, como runner, contra as forzas de K-Sec, quenes tentan controlar a cidade de Glass. Como no anterior, o parkour segue tendo un papel moi importante, non só para recorrer un mundo totalmente novo e cun acabado brillante e futurista, senón tamén no combate, moi pulido nesta entrega. A duración media é de tan só 10 horas, deixando con ganas de máis.
3. Tom Clancy's The Division (Ps4)
Xogo de 3ª persoa desarrollado por Ubisoft Masive, que ten lugar na cidade post-apocalíptica de Nova York, debido a unha enfermidade que se estendeu provocando o colapso en tan só 5 días e a morte de moita poboación. O noso protagonista forma parte de The Division, un grupo organizado que fará o que sexa para combatir a ameaza e salvar "o que queda". Algo moi curioso é que podemos completar a campaña principal cos nosos amigos, sen necesidade de xogar só. É un xogo moi divertido e aditivo, a pesar de que nalgúns momentos a historia deixa de enganchar e ten que ser o ritmo frenético e a variabilidade de misións as que solucionen o problema. Cumple perfectamente as expectativas, cun mundo aberto no que sempre hai algo que facer.
2. Uncharted 4: El desenlace del ladrón (Ps4, XboxOne, Pc)
Xogo creado por Naughty Dog e distribuído por Sony Interactive Entertaiment en 3ª persoa e posiblemente, a última entrega da saga. O protagonista é Nathan Drake, un cazafortunas retirado que, ao aparecer o seu irmán Sam solicitándolle axuda para atopar o tesouro dun famoso pirata volve á acción. O escenario principal é Libertalia, unha cidade de Madagascar, aínda que hai moitos moi variados. Sen dúbida é un dos videoxogos máis esperados do ano e merecedor de estar entre os mellores. Conta cunha historia apabullante, unha acción que combina o avance por plataformas e os disparos. As cinemáticas están moi traballadas e o doblaxe é de moi boa calidade. Como única pega, os lags que ten en contadas ocasións.
1. Dishonored 2 (Ps4, XboxOne, Pc).
Xogo de acción-aventura creado por Arkane Studios e distribuído por Bethesda Softworks. É unha secuela da entrega de 2012. Os protagonistas principais son Emily Kaldwin, filla da emperatriz de Dunwall, e Corvo Attano, pai e exgardaespaldas da emperatriz. Ao principio, temos que elexir con cal dos dous preferimos xogar. A acción desenvólvese en Karnaca, unha cidade similar ao Londres da era victoriana, infectada pola plaga de moscas do sangue. A nosa misión será salvar a cidade da plaga e da delincuencia, e limpar o noso nome dos rumores que nos fan ver como asesinos. Debo dicir que todas as expectativas que tiña sobre este xogo, as cales eran moi altas, cumpríronse con creces. Os gráficos e a ambientación están totalmente logrados e mellorados con respecto ao anterior, pero conservando a esencia da saga. A historia deixa sen palabras e ten unha gran cantidade de xiros argumentais que fan estar sempre pegado á pantalla; pero o que máis destaca sen dúbida é a gran variabilidade e caracterización que teñen os personaxes e os escenarios, pois xa os protagonistas teñen diferentes habilidades e poderes que nos permiten completar a historia de moitas formas diferentes e os niveis ofrecen diferentes formas de avanzar, dende trepar polos tellados para non ser visto, usar o tren, meterse por túneles, ata controlar a varias ratas e facer que ataquen aos nosos inimigos, e isto só é o principio. Por todo isto, considero a Dishonored 2 unha auténtica obra maestra e merecedor do primeiro posto.
Moi ben, o artigo é moi completo e está ben redactado.
ResponderEliminar