mércores, 15 de marzo de 2017

  A NOVA CONSOLA DE NINTENDO: NINTENDO SWITCH.
O pasado 3 de marzo saíu ao mercado unha nova consola, a Nintendo Switch. É por este motivo polo que hoxe traio unha reportaxe sobre ela.

Consolas Switch

O primeiro a destacar é a súa forma: unha especie de tablet con un mando similar ao da PlayStation dividido en dous, un tipo de control moi familiar a súa predecesora, a WiiU. Tamén ten unha gran gama de cores que permite personalizala ao noso gusto. Pero o máis salientable é a súa comodidade e versatilidade, facendo que sexa posible xogar en calquera lugar cos seus diferentes modos:
Modo televisor:
O modo televisor é o que máis lembra  a unha consola clásica. A Nintendo Switch descansa nunha base e conéctase por HDMI ao televisor. Permite xogar con amigos como calquera outra consola comodamente no salón. Recoméndase xogar poñendo os mandos nunha base incluída na consola. A duración da batería dos mandos Joy-Con é dunhas vinte horas.

Resultado de imagen de nintendo switch modos de juego

Modo sobremesa:
Un dos puntos fortes desta consola é a súa portabilidade. A tableta ten unha pestana que permite apoiala en calquera lugar e facer posible xogar en lugares como nun avión ou nun barco. Os mandos pódense conectar á base como no modo anterior ou utilizalos separados en cada man.

Resultado de imagen de nintendo switch modo portatil
Modo portátil:
Nintendo Switch tamén se pode utilizar como unha portátil, axustando os Joy-Con os lados da tableta e xogando en calquera parte, aínda que cunha duración de batería un tanto escasa. Estímase que a batería alcance ata seis horas, pero en xogos gráficamente esixentes como The Legend of Zelda: Breath of the Wild apenas chegará a tres.
Resultado de imagen de nintendo switch modo portatil
En canto aos xogos, hai varios títulos xa dispoñibles para esta nova videoconsola dende a súa saída, o 3 de marzo. Entre eles caben destacar:

-1-2-Switch:
Este xogo permite disfrutar e familiarizarse con todas as novas características da consola. Está pensado para xogar con amigos a todo tipo de desafíos, como duelos do Oeste, espadas ou baile e ser unha boa estratexia para animar unha festa e socializar.

Resultado de imagen de nintendo switch 1-2 switch

-The Legend of Zelda: Breath of the Wild:
Unha das entregas máis esperadas, non só polos fans de toda a vida, senón tamén polo gran mundo aberto que ofrece enorme liberdade e os espectaculares gráficos. Sen dúbida, é unha renovación completa de toda a saga e unha oferta para todos os xogadores espectacular.


Resultado de imagen de nintendo switch the legend of zelda breath of the wild

Ademais destes, hai outros xa confirmados para este 2017, entre os que destaco dous:

-Mario Kart 8 Deluxe (28 de abril):
Trátase dunha versión completa e mellorada do Mario Kart 8 lanzado para Wii U, que incluirá todo o contido descargable lanzado para este e algunhas novidades máis xunto cuns gráficos mellorados.

Resultado de imagen de nintendo switch mario kart 8 deluxe

-RIME (maio):
Unha das razóns polas que destaco este videoxogo é polo feito de que está desarroiado por un estudio español, concretamente, Tequila Works. Trátase dun xogo de mundo aberto con elementos de aventura e quebracabezas que nos conta a historia dun rapaz que ten que fuxir dunha illa e a súa maldición.

Resultado de imagen de nintendo switch rime

Por último, dicir que esta videoconsola saíu á venta por 319 euros en España, pero dado a súa calidade, a cantidade de xogos que ofrece e a súa versatilidade a hora de xogar, merece a pena.
Aquí vos deixo un pequeño vídeo que conta resumidamente todo o que ofrece.







Ningún comentario:

Publicar un comentario